Un loteiro de Camariñas denuncia impagos das comisións de Festas de Cee no marco da Operación Orquesta

Continúan destapando detalles da "Operación Orquesta". Hoxe sabemos que os desfalcos na organización das festas do Concello de Cee chegan a influir en Camariñas. E así o pode cerciorar o loteiro José Manuel Luaces, que denuncia un impago de case 15.000 euros. Segundo o loteiro, o propio David Rey Pequeño, o último en pasar polo Xulgado no marco da Operación, e o empresario Jorge López Lago acodían no nadal do 2007 a recoller boletos de lotería por valor de 36.000€ para sufragar os gastos das Festas de San Cristovo. O loteiro denuncia que devolveron os boletos que non conseguiron vender. Pero tras dous anos e varias festas polo medio, a débeda segue existindo por valor de máis de 14.000€. O loteiro denuncia que David Rey chegou de parte do Concello. Se ben dende a Comisión de Festas asegúranlle que o Concello non ten ningunha intervención na organización das Festas do San Cristovo. Ao tempo, agarda que o alcalde Ramón Vigo, interveña ao igual que o fixo o de Camariñas, para que os cartos lle sexan devoltos.

Máis información

Artigos relacionados

Nova relacionadas

Fonte