Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta

09:05 04/02/11


Liberdade baixo fianza para os outros 2 imputados
Os dous imputados que faltaban por declarar, Ramón Vigo Sambade alcalde de Cee, e Jorge López "Manolete", empresario, saíron coas seguintes condicións.- Ramón Vigo Sambade, alcalde de Cee, que se acolleu ao dereito de non declarar, sae en prisión provisional eludible baixo fianza de 29.000€ que ten que abonar hoxe xoves antes das 15.00 horas. Esta cantidade corresponde ao que a empresa Ogando lle pagou ao concello de Cee polas festas da Xunqueira. Unhas festas nas que se empregaron preto de 150.000€ dos que tan só foron xustificados un 40%. Impútanselle supostos delito contra a facenda pública, falsidade documental e contra administación pública nas modalidades de prevaricación, suborno, tráfico e malversación.
- Jorge López, empresario, que tamén se acolliu ao dereito de non declarar, saíu en prisión provisional eludible baixo fianza de 6.000 euros que ten que abonar hoxe xovesƒmañaƒ antes das 15.00 horas. Impútanselle supostos delitos contra a facenda pública, falsidade documental, suborno e tráfico de influencias.
- Outra persoa máis pasou esta tarde a disposición xudicial tras ser detida, e logo de prestar declaración ante o xuíz quedou en liberdade provisional.
- Juan Bautista Areas Lestón, concelleiro de IxCee, foi detido nos propios xulgados e trasladado a dependencias policiais.
- E segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o xulgado ordenou a detención doutra persoa, aínda sen identificar.
Todo o día no xulgado
Os dous imputados que tiñan que pasar hoxe declaración remataron de facelo arredor das 13:00h, pero as novas declaracións da que pode ser a secretaria de Construcciones Ogando impediron que puidesen saír, segundo conformaba o avogado de Vigo Antonio Platas. Non o fixeron ata ás 20:30h, cando pola porta traseira foi escoltado nun coche policial o concelleiro de obras Juan Bautista Areas Lestón. Uns minutos máis tarde, Ramón Vigo saíu pletórico no medio dunha grande ovación por parte de veciños e familiares, e dixo unhas palabras tranquilizadoras, apuntando que non podía dar máis información pois o asunto mantense en segredo de sumario. Pola súa parte, Jorge López, coñecido como "Manolete" saíu rapidamente sen facer declaración algunha.Declaracións de Ramón Vigo
Pago das fianzas
Se Vigo e López terán que pasar a facer efectiva a súa fianza antes de hoxe xoves ás 15:00h, os empresarios Ogando acodiron ás dependencias xudiciais a primeira hora da mañá de onte para ingresar os cartos da fianza que lle foi imposta onte.Artigos relacionados
- Historias nómades de Serxio Iglesias: Orquestra Berlanga.
- Rolling polas dunas, con Xabier García: Operación Orquesta.
Novas relacionadas
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 31-02-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
- 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
- Primeiras protestas polo positivo de alcolemia do concelleiro de IxCee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fotos de Xusto Gómez.