Un loteiro de Camariñas denuncia impagos das comisións de Festas de Cee no marco da Operación Orquesta
13:11 08/03/11
Continúan destapando detalles da "Operación Orquesta". Hoxe sabemos que os desfalcos na organización das festas do Concello de Cee chegan a influir en Camariñas. E así o pode cerciorar o loteiro José Manuel Luaces, que denuncia un impago de case 15.000 euros.
Segundo o loteiro, o propio David Rey Pequeño, o último en pasar polo Xulgado no marco da Operación, e o empresario Jorge López Lago acodían no nadal do 2007 a recoller boletos de lotería por valor de 36.000€ para sufragar os gastos das Festas de San Cristovo. O loteiro denuncia que devolveron os boletos que non conseguiron vender. Pero tras dous anos e varias festas polo medio, a débeda segue existindo por valor de máis de 14.000€.
O loteiro denuncia que David Rey chegou de parte do Concello. Se ben dende a Comisión de Festas asegúranlle que o Concello non ten ningunha intervención na organización das Festas do San Cristovo.
Ao tempo, agarda que o alcalde Ramón Vigo, interveña ao igual que o fixo o de Camariñas, para que os cartos lle sexan devoltos.
Máis información
Artigos relacionados
- As verdades como puños de Jose Luis Louzán: Municipais.
- As verdades como puños de José Luis Louzán: Marbella.
- Historias nómades de Serxio Iglesias: Orquestra Berlanga.
- Rolling polas dunas, con Xabier García: Operación Orquesta.
Nova relacionadas
- O BNG de Cee critica que o alcalde contrate publirreportaxes na prensa para limpar a súa imaxe.
- 02-03-11: Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza.
- 01-02-11: Novas detencións na “Operación Orquesta”.
- 07-02-11: Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- 03-02-11: Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta.
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
- 31-02-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
Fonte
- El País: Un lotero denuncia impagos en fiestas de Cee que indaga el juez.
- Radio Nordés - Cadena Ser.