Unha camiñada polo Monte Pindo a ritmo de versos

Doble nova arredor do Monte Pindo temos esta semana. Unha semana que rematará cunha noxa xornada de voluntariado para limpar o Roteiro da Pedra Cabalgada, e que comeza en clave de verso da man do poeta da Ponte do Porto Rafael Lema.

Un premio en verso para Rafael Lema

O camariñán Rafael Lema vén de recibir o pasado mes de decembro o I Premio Xosé M. López Ardeiro do certame poético do Concello de Negreira polo seu poemario "Alturas do Monte Pindo". O premio vai ser a publicación desta obra en formato libro.
"Alturas do Monte Pindo" describe en seis partes a ascensión ao macizo granítico carnotán mentras o autor vai evocando as súas lendas, describindo as rochas significativas e a costa que se abre aos pés da mole de granito rosa, "que medra asombrando a Fisterra" e "onde o home rende tributo aos seus maiores, a súa fala, co pais debaixo, a súa sombra, coma un ave deitada".

Unhas obras que poderán estar na Antoloxía Poética do Monte Pindo, na que xa traballaban Chisco Fdez Naval e Miro Villar nun proxecto financiado por crowfunding.

De camiñada co fousiño

Mentres, e para celebralo, a Asociación Monte Pindo Parque Natural artella unha xornada de voluntariado (a 5ª) para limpar e adecentar o Roteiro da Pedra Cabalgada. A cita, coas botas e o fouciño, será o sábado 26 de xaneiro, coa intención de manter o camiño tan limpo e transitábel coma tras abril hai agora un par de anos.

A saída será ás 09:30h. Saída desde a Praza da Solaina, para rematar cun pequeno xantar na propia Pedra. Para ir hai que levar fouciño (ou outro enser para o desbroce) e luvas de protección, Mochila con cando menos xantar e bebida se se vai quedar a xantar, Calzado cómodo e roupa acaída ás condicións meteorolóxicas do día.
Podes confirmar a túa asistencia en Facebook, escribindo a info@montepindo.org ou chamando ao 651 376 769.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte