Venres. 19.04.2024
El tiempo

Monte Pindo: con vida dende a época romana

Monte Pindo: con vida dende a época romana

En plena febre arqueolóxica invandindo Carnota, a Asociación Monte Pindo Parque Natural continúa recuperando a historia do Olimpo Celta. Hoxe apuntan que un estudo demostra a ocupación continuada do Monte Pindo desde a época romana. Aí e nada a de vida que ten que haber debaixo de todo esa mole de granito.

Así o sinala un estudo do IUX Parga Pondal, despois de analisar 5 cerámicas recollidas en diversos puntos do Monte Pindo. J. Sanjurjo-Sánchez, J.R. Vidal Romaní, M. Vaqueiro, X.L. Vilar Pedreira, E. Méndez Quintás e R. Costas Vázquez publicaron no IX Congresso Ibérico de Arqueometría, celebrado en Lisboa o pasado mes de outubro, os seguintes resultados sobre a datación desas pezas:

  • Pico Penafiel: ano 212 d.C.
  • Cova no Monte Pindo: ano 512 d.C.
  • Cova no Monte Pindo: ano 992 d.C.
  • Pico Penafiel: ano 1042 d.C.
  • Cova no Monte Pindo: ano 1092 d.C.

Cova no Monte Pindo e Torre de Fiel

Á vista dos datos, neste 2012 cúmprense exactamente 1800 anos de que "alguén" elaborou tellas para construir "algo" no Pico Penafiel, e ademais o estudo demostra nada máis e nada menos que o Monte Pindo foi ocupado continuamente desde a época romana; non sabemos se dun xeito sedentario ou nómade mais o feito de tratárense de tellas podería indicar o primeiro.
Mais a que obedecía a presenza de restos construtivos tan antigos no Pico Penafiel? Cecais sexa venturoso especular, mais debemos lembrar que algúns eruditos da antigüidade nunca consideraron á antiga Torre Fiel un recinto defensivo ou castelo (utilidade que si tivo durante o século XV), senón un faro imprescindíbel para a navegación da zona, e o Pai Sarmiento mesmo asegura que fora construído a imaxe e semellanza da Torre de Hércules coruñesa, destacan dende a entidade.

Máis información

Novas relacionadas

  • A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía.
  • A Xunta salienta ao Monte Pindo como un dos puntos xeolóxicos máis importantes do país.
  • Unha moeda de Alfonso X achada no Monte Pindo.
  • Os voluntarios recuperarán a Torre dos Mouros.
  • A recuperación do Camiño das Peixeiras descobre outro Outeiro das Cacholas.
  • Un gran castelo chamado Monte Pindo.
  • Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
  • Fonte

    Comentarios