Vicente Carril, recoñecido coa Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia

Vicente Carril, recoñecido coa Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia

Vicente Carril (Camariñas, 04/11/1930), actual presidente do Camariñas F.C, recibiu esta pasada noite a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia 2025, entregado pola Secretaría Xeral do Deporte da Xuntae a Real Federación Galega de Fútbol.

Recibe así un dos maiores recoñecementos que outorga o deporte galego, e faino aos seus 94 anos, tras máis de 45 anos á fronte do club da súa vila, xa avisou na recollida do premio: Florentino Pérez retirarase antes ca el. 

A Gala servíu tamén para render homenaxe a Juan Luis Villamisar, entregando o mesmo recoñecemento a título póstumo, así como a outros representantes míticos como Antonio Dacosta, Modesto López, Juan Antonio Varela, Isidro Otero, ou a varios clubs centenarios como o CD Estradense, o Céltiga, o Gran Peña e o Tyde,

Foto: @futgal