Volve arder unha lancha no porto de Camariñas

Imaxe do incendio dunha barca en Camariñas en 2023

Como xa aconteceu en 2023, e en 2021, esta madrugada incendiouse unha lancha no porto de Camariñas. Un particular avisou ao 112 contra as 3:40 horas da madrugada, apuntando que saía unha importante fumareda.

Avisados, acodiron membnros Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Camariñas.

Os bombeiros traballaron para atallar as lapas, e unha vez finalizado o operativo confirmaron que a embarcación ardeu case por completo e que non se vira afectada a zona do motor.