Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Calcinado un barco no porto de Camariñas

Barco ardeu en Camarinas 2
Imaxe do incendio do barco no porto camariñán. Fotos: Protección Civil Camariñas
Calcinado un barco no porto de Camariñas

Esta pasada madrugada, pasadas as 4:00h, saltaba a alarma no porto de Camariñas. Un barco na zona do porto deportivo do Náutico estaba ardendo.

O112 Galicia avisou aaos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil, ao Servicio de Gardacostas de Galicia, aos membros de Protección Civil de Camariñas e aos Servizos Sanitarios de Urxencia.

A embarcación ardeu por completo quedando absolutamente calcinada, pero non houbo persoas afectadas nin máis danos materiais que a propia embarcación.

Barco ardeu en Camarinas
Así quedou a embarcación

Comentarios