Xurxo Rodríguez Baña, novo responsable local do BNG de Camariñas

Xurxo Rodríguez Baña, novo responsable local do BNG de Camariñas-Foto-Carmen Bouza

O BNG de Camariñas, tralos resultados nas Eleccións Municipais (apenas subiu 3 votos con respecto a 2015), vén de celebrar unha asemblea onde entre outros asuntos se decidiu renovar ao responsable local, tomando as rendas do órgano de dirección do BNG na localidade.

É Xurxo Rodríguez Baña, natural de Camelle, o escollido como a persoa que virá a tomar a responsabilidade é, quen será o encargado de tentar levar a organización do BNG Camariñán a novas cotas, dándolle o relevo a Manuel Camiño.

Seguirá Ilva Carril como portavoz e será a que entre no pleno coa única acta de concelleiro que conseguiu o partido.

Novas relacionadas