Xurxo Rodríguez Baña, novo responsable local do BNG de Camariñas
15:33 06/06/19
O BNG de Camariñas, tralos resultados nas Eleccións Municipais (apenas subiu 3 votos con respecto a 2015), vén de celebrar unha asemblea onde entre outros asuntos se decidiu renovar ao responsable local, tomando as rendas do órgano de dirección do BNG na localidade.
É Xurxo Rodríguez Baña, natural de Camelle, o escollido como a persoa que virá a tomar a responsabilidade é, quen será o encargado de tentar levar a organización do BNG Camariñán a novas cotas, dándolle o relevo a Manuel Camiño.
Seguirá Ilva Carril como portavoz e será a que entre no pleno coa única acta de concelleiro que conseguiu o partido.
Novas relacionadas
- Eleccións #Municipais19 en Camariñas: O PSOE aumenta a súa maioría.
- Ilva Carril: "O partido que queda despois de Pichurri segue sendo o mesmo lobo con pel de cordeiro"