A XXXI Mostra do Encaixe busca voluntari@s
08 de febreiro de 2022 (07:28 h.)
As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha XXXI Mostra do Encaixe Deputación da Coruña. Unha data que este ano volve á súa data tradicional de Semana Santa e celebrarase do 13 ao 17 de abril de 2022.
De feito, a directora da Mostra, Dolores Lema, subliña a importancia das persoas voluntarias: “sería imposible a celebración desta cita sen elas e sen o traballo que fan antes, durante e despois da Mostra. Son parte imprescindible para nós”.
Así, a Mostra abre desde hoxe as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado do evento. As persoas interesadas en participar como parte da organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfonos 653 26 55 29 ou por correo electrónico en dolores.lema@camarinas.net.
Novas relacionadas
- A Mostra de Encaixe 2022 xa ten participantes no Concurso de Noveis Deseñadores.
- Mostra 21: Unhas 10.000 persoas comprobaron o valor dos 30 anos da Mostra do Encaixe.