Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Mostra de Encaixe 2022 xa ten participantes no Concurso de Noveis Deseñadores

Ganadora Noveis Deseñadores copia
Anna García Viu foi a gañadora Concurso de Deseñadores Noveis deste ano
A Mostra de Encaixe 2022 xa ten participantes no Concurso de Noveis Deseñadores

Fai pública hoxe o Concello de Camariñas a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O evento terá lugar do 13 ao 17 de abril de 2022, xa vai collendo forma.

O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores: José Daniel Teriffe, Egoitz Ruíz, Candela Mondelo e Natalia María González, Pablo Buendía e Jacobo Martí, Uxía Rodríguez, Andrea Piñeiro, Josu Santos, Álvaro Castillo, Enrique Sánchez, Nahomi Jiménez e Raquel Marina Blanco, Enrique Llera, Cantia Aparicio, Joaquín Ruíz, Vanessa Parente e Beatriz Chan, Sofía Sánchez, Llucía Miravalles, Alicia Rocamora, Orlinda Armandina Anchundia e Luigi Maldera, Bimba González e a de Pablo González.

A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alicante, Guipúscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. A meirande parte formáronse nas mellores escolas a nivel estatal.

Novas relacionadas

Comentarios