2,4 millóns de euros para rematar as obras da travesía de Sísamo

Aprobaba onte a Deputación unha importante partida para a terceira e última fase das obras da travesía de Sísamo. A Deputación destina 1.789.000 euros á execución das obras de pavimentación e construción de beirarrúas e zonas de aparcamento na estrada provincial DP 1901 Carballo-Sísamo; mentres que o Concello de Carballo 652.006 euros para financiar servizos como saneamento e abastacemento de auga, mobiliario urbano e xardinería.
A Deputación delega a contratación e execución das obras no Concello de Carballo.

As obras de reurbanización parten do punto quilométrico 0+810 (final da segunda fase) no entronque co acceso ao instituto de Monteneme e continúan até o final do vial no lugar de Outeiro (PK 2+570), mellorando e completando as infraestruturas tanto no tramo máis urbano coma no rural e adpatando a vía á mobilidade urbana a un ou dous niveis, dependendo da zona.