35 empresas encherán unha nova edición da Expo Voda Carballo

Carmen Freire, Jorge Cambón, Evencio Ferrero e Ricardo Pallas na presentación de Expo Voda Carballo 2018

Esta fin de semana de 10 e 11 de novembro, Carballo ten unha cita nupcial. O Mercado Municipal acolle unha nova edición de Expo Voda, que este ano conta coa participación de 35 empresas e un potente programa de actividades paralelas. O Salón de Vodas, Comuñóns e Celebracións, organizado polo Centro Comercial Aberto (CCA) coa colaboración do Concello de Carballo, celebra o seu 6º aniversario.

Unha feira para que as empresas coñezan os traballos dunhas e outras, e que as parellas poidan escoller a súa perfecta celebración sen deixar nada para o azar. A entrada será de balde, e estará aberto de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00h, e os visitantes entrarán nun sorteo de dúas fins de semana.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/marcos-rodriguez-revalida-o-titulo-de-fotografo-europeo-do-ano/