95.000 boletos participaron na existosa campaña de nadal do CCA carballés
O pasado venres tivo lugar o sorteo da Globoteca do Centro Comercial Aberto de Carballo., un espazo máxico situado entre as rúas Desiderio Varela e Colón que, desde o pasado 5 de decembro, encheu Carballo de globos, luces e ilusión durante toda a campaña de Nadal. A campaña chegaba ao seu fin repartindo alegría os fogares de José Miguel Veiga Garrido (Malpica) e Vanesa Cabeza Barca (Carballo), as
persoas gañadoras da edición deste ano.
Ambos recibirán 73 cheques de 50€ para gastar en cada dun dos establecimentos adheridos, o que supón un premio total valorado en 7.300€, que será empregado no comercio local.
O sorteo contou coa presenza do alcalde de Carballo, Daniel Pérez, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, o responsable de Feiras e Mercados, Ramón Varela, un representante da empresa carballesa Vázquez y Reino, patrocinadora da campaña de Nadal do CCA Carballo, e varios membros da directiva da asociación engtre os que se atopaban a presidenta Silvana Rama, e o secretario
Sergio Soneira.
Todos amosaron a súa satistación polos máis de 95.000 boletos depositados ao longo de algo máis dun mes, reflexo da excelente acollida da campaña e do apoio da cidadanía ao comercio local. Entre elas, atopábanse tamén as papeletas recuperadas do incendio sufrido o pasado día 26, que afortunadamente afectou a unha pequena minoría.
Como en anos anteriores, a campaña contou coa adhesión dunha ampla variedade de comercios de diferentes sectores, como alimentación, moda infantil, calzado, téxtil, deporte, decoración e fogar, electrodomésticos, entre outros, reflectindo a diversidade e fortaleza do tecido comercial de Carballo.