luns. 12.01.2026
El tiempo

95.000 boletos participaron na existosa campaña de nadal do CCA carballés

Sorteo da Globoteca do CCA Carballo
95.000 boletos participaron na existosa campaña de nadal do CCA carballés

O pasado venres tivo lugar o sorteo da Globoteca do Centro Comercial Aberto de Carballo., un espazo máxico situado entre as rúas Desiderio Varela e Colón que, desde o pasado 5 de decembro, encheu Carballo de globos, luces e ilusión durante toda a campaña de Nadal. A campaña chegaba ao seu fin repartindo alegría os fogares de José Miguel Veiga Garrido (Malpica) e Vanesa Cabeza Barca (Carballo), as
persoas gañadoras da edición deste ano.
Ambos recibirán 73 cheques de 50€ para gastar en cada dun dos establecimentos adheridos, o que supón un premio total valorado en 7.300€, que será empregado no comercio local.

O sorteo contou coa presenza do alcalde de Carballo, Daniel Pérez, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, o responsable de Feiras e Mercados, Ramón Varela, un representante da empresa carballesa Vázquez y Reino, patrocinadora da campaña de Nadal do CCA Carballo, e varios membros da directiva da asociación engtre os que se atopaban a presidenta Silvana Rama, e o secretario
Sergio Soneira.

Todos amosaron a súa satistación polos máis de 95.000 boletos depositados ao longo de algo máis dun mes, reflexo da excelente acollida da campaña e do apoio da cidadanía ao comercio local. Entre elas, atopábanse tamén as papeletas recuperadas do incendio sufrido o pasado día 26, que afortunadamente afectou a unha pequena minoría.

Como en anos anteriores, a campaña contou coa adhesión dunha ampla variedade de comercios de diferentes sectores, como alimentación, moda infantil, calzado, téxtil, deporte, decoración e fogar, electrodomésticos, entre outros, reflectindo a diversidade e fortaleza do tecido comercial de Carballo.
 

Comentarios