A familia Xiria recibe unha Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Españoña de Balonmán

Que unha Real Federación Española premie algunha iniciativa da Costa da Morte ten que ser nova. Por iso falamos de Luciano Calvo, e a Medalla e Insignia de Prata ao Mérito Deportivo que a Real Federación Española de Balonmano vén de concederlle ao presidente da A.D. Xiria e patrocinador principal do club carballés.

Tivo que ser o seu sobriño Santiago Martínez Calvo o que acodiu a recibila pero a esencia das Escolas Balonmán Xiria, un dos 5 clubs galegos con representación na Asemblea Xeral da Federación, estivo ben presente. Parabéns para a familia Xiria!.

Novas relacionadas

Fonte

  • Bm. Xiria.