Domingo. 19.05.2024
El tiempo

A familia Xiria prepara o Campionato de Volei e un verán de Balonmán

A familia Xiria prepara o Campionato de Volei e un verán de Balonmán

Doble cita coa familia Xiria. I é que se o cadro de Volei arma esta fin de semana o Campionato Galego de Voleibol, o cadro de Balonmán xa está preparando un completo verán coas Escolas Deportivas.

Campionato Galego de Voleibol

Campionato Voleibol en Carballo

A Fase autonómica do Grupo B do Campionato Galego de Voleibol correspondente coa liga zonal en categoría infantil mixta-masculina ten lugar en Carballo este sábado 24 de maio. O Pavillón Carballo Calero da capital municipal, acolle unha cita que ten co obxectivo, segundo explica Rosalino Mariño, responsable deportivo da sección de voleibol de Xiria, "de enganchar a cada vez a máis nenos e nenas" da vila neste deporte. Neste momento, a AD Xiria conta cun equipo infantil mixto, formado por nenos e nenas e, de chegar á final desta fase, tería a opción de participar na Liga Galega cun equipo totalmente masculino.

O equipo mixto debe chegar á final da fase, disputando encontros no Pavillón a partir das 10.00 horas e enfrontándose ao Club Vigo Voleibol e ao equipo As Mariñas Oleiros (tamén mixto). Xa pola tarde ás 16.30 son as semifinais; ás 18.00 horas a loita polo 3º e 4º posto; e a continuación a final, que con só chegar a disputala xa dá dereito a ascender de categoría.

Escolas de Verán de Balonmán

Campionato Voleibol en Carballo

En marcha xa están a XXI edición das Escolas de Verán de Balonmán Xiria. O cadro carballés oferta un ano máis as súas Escolas de Verán con 250 prazas para nenos e nenas de Infantil e Primaria co obxectivo de fomentar a convivencia, o deporte e as actividades culturais entre o 1 de xullo e o 29 de agosto. De luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas (con opción de incrementar o horario de 7.00 a 10.00 horas, con ou sen almorzo en Xolda) os cativos e cativas que se anoten poderán realizar obradoiros de deporte, en primeiro lugar, pero tamén de lectura, de informática, de teatro, de baile, de audiovisual ou de globoflexia, entre outros moitos, para pasar unhas mañás de verán entretidas e diferentes.

Fonte

Comentarios