Afaber entregalle ao concello de Carballo o certificado de solidaridade coa enfermidade do Alzheimer

Varios integrantes da asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Bergantiños – AFABER –entregaránlle ao concello de Carballo mañá xoves, ás 18:45 horas, o certificado de localidade solidaria coa enfermidade do Alzheimer. Jesús M. Villar, presidente de Afaber, e María Vilariño, tesoureira da entidade, faranlle a entrega do distintivo a Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. O pasado 31 de outubro, o pleno adoptou o acordo de declararse como concello solidario coa enfermidade do Alzheimer, apoiando así a necesidade de atender aos veciños que conviven coa enfermidade e, polo tanto, implicarse na atención de demencias e Alzheimer.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@qiepasanacosta.com).
  • AFABER.