Afaber entregalle ao concello de Carballo o certificado de solidaridade coa enfermidade do Alzheimer
07:08 15/02/17
Varios integrantes da asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Bergantiños – AFABER –entregaránlle ao concello de Carballo mañá xoves, ás 18:45 horas, o certificado de localidade solidaria coa enfermidade do Alzheimer. Jesús M. Villar, presidente de Afaber, e María Vilariño, tesoureira da entidade, faranlle a entrega do distintivo a Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.
O pasado 31 de outubro, o pleno adoptou o acordo de declararse como concello solidario coa enfermidade do Alzheimer, apoiando así a necesidade de atender aos veciños que conviven coa enfermidade e, polo tanto, implicarse na atención de demencias e Alzheimer.
Novas relacionadas
- Afaber organiza dous cursos de informática para adultos
- Un mes de moita actividade en Afaber
- AFABER escolle as fotos que mellor describen o alzheimer
- Fotografías que describen o alzhéimer.
- Afaber expande as súas actividades a Cabana e Santa Comba.
- Vimianzo pon en marcha un servizo de asesoramento a familiares de enfermos de alzheimer.
Fonte
- Redacción de QPC (info@qiepasanacosta.com).
- AFABER.