As caldeiras de biomasa nas instalacións deportivas de Carballo supoñen un aforro de 70.000 euros en combustible

A caldeira do complexo Vila de Noia funciona dende finais do 2015 A instalación de dúas caldeiras de biomasa nos complexos deportivos de Carballo supoñen un aforro próximo ao 50% en comparación coa media de consumo dos cinco anos anteriores. Este aforro cuantifícase en máis de 70.000 euros anuais, en relación aos cinco anos anteriores á implantación da biomasa. A caldeira do complexo Vila de Noia entrou en servizo a finais do 2015 e a do complexo Carballo Calero empezou a funcionar a mediados do 2016. Dende o concello sinalan que o consumo de combustible dos dous complexos deportivos con biomasa será semellante ao que consumía anteriormente un só con gas. O goberno municipal considera moi positivos os datos, que se confirman cun aforro de case o 40% dende que se instalou a caldeira de pellets no edificio da casa do Concello. Pero aínda que a redución da factura enerxética é moi importante, a aposta por este tipo de sistemas é unha mostra do compromiso do concello de Carballo coas fontes de enerxía renovables e ecolóxicas, e que ademais, como é o casos dos pellets, constitúen unha forma de aproveitar a biomasa, contribuíndo a sacar maior rendemento dos  montes ao tempo que se manteñen limpos. Alumeado Este tipo de medidas de aforro enerxético implementadas polo concello de Carballo están a reducir sensiblemente o gasto público. Así, a substitución das antigas lámpadas de vapor de sodio por tecnoloxía LED no alumeado diminuíu un 82% o consumo. O problema é que estas reducción de consumo non se reflicte na factura debido ao "constante e desproporcionado" incremento das tarifas eléctricas, tal e como sinalan dende o goberno municipal. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo