Venres. 19.04.2024
El tiempo

As caldeiras de biomasa nas instalacións deportivas de Carballo supoñen un aforro de 70.000 euros en combustible

As caldeiras de biomasa nas instalacións deportivas de Carballo supoñen un aforro de 70.000 euros en combustible
caldeira-pellets-vila-de-noia-carballo A caldeira do complexo Vila de Noia funciona dende finais do 2015 A instalación de dúas caldeiras de biomasa nos complexos deportivos de Carballo supoñen un aforro próximo ao 50% en comparación coa media de consumo dos cinco anos anteriores. Este aforro cuantifícase en máis de 70.000 euros anuais, en relación aos cinco anos anteriores á implantación da biomasa. A caldeira do complexo Vila de Noia entrou en servizo a finais do 2015 e a do complexo Carballo Calero empezou a funcionar a mediados do 2016. Dende o concello sinalan que o consumo de combustible dos dous complexos deportivos con biomasa será semellante ao que consumía anteriormente un só con gas. O goberno municipal considera moi positivos os datos, que se confirman cun aforro de case o 40% dende que se instalou a caldeira de pellets no edificio da casa do Concello. Pero aínda que a redución da factura enerxética é moi importante, a aposta por este tipo de sistemas é unha mostra do compromiso do concello de Carballo coas fontes de enerxía renovables e ecolóxicas, e que ademais, como é o casos dos pellets, constitúen unha forma de aproveitar a biomasa, contribuíndo a sacar maior rendemento dos  montes ao tempo que se manteñen limpos. Alumeado Este tipo de medidas de aforro enerxético implementadas polo concello de Carballo están a reducir sensiblemente o gasto público. Así, a substitución das antigas lámpadas de vapor de sodio por tecnoloxía LED no alumeado diminuíu un 82% o consumo. O problema é que estas reducción de consumo non se reflicte na factura debido ao "constante e desproporcionado" incremento das tarifas eléctricas, tal e como sinalan dende o goberno municipal. Novas relacionadas Fonte

Comentarios