Equipo de Psicólogas de Vieiro que impartiran o programa 2019
Este mesmo luns 14 de xaneiro o equipo de psicólogas da Asociación Vieiro (Eva Periscal, Patricia Rodríguez Villar e Dalila Vizcaíno) comezan a percorrer os institutos de Carballo no marco do programa de Prevención Escolar. O alumnado de entre 12 e 16 anos dos IES Isidro Parga Pondal, Monte Neme e Alfredo Brañas participarán estas semanas os talleres Habilidades Sociais: “Constrúe o teu mundo”, un programa dividido en tres bloques:
Primeiro tocará a parte “Acompáñote”, que consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria.
”Des-conecta” serán 2 sesións que servirán para dotar ao alumnado de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable.
E a terceira parte, o “Ti elixes”, facilita información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os mozos/as poidan tener acceso.