mércores. 14.05.2025
El tiempo

As psicólogas de Vieiro comezan cos talleres de Habilidades Sociais nos IES de Carballo

As psicólogas de Vieiro comezan cos talleres de Habilidades Sociais nos IES de Carballo
Equipo de Psicólogas de Vieiro que impartiran o programa 2019 Equipo de Psicólogas de Vieiro que impartiran o programa 2019 Este mesmo luns 14 de xaneiro o equipo de psicólogas da Asociación Vieiro (Eva Periscal, Patricia Rodríguez Villar e Dalila Vizcaíno) comezan a percorrer os institutos de Carballo no marco do programa de Prevención Escolar. O alumnado de entre 12 e 16 anos dos IES Isidro Parga Pondal, Monte Neme e Alfredo Brañas participarán estas semanas os talleres Habilidades Sociais: “Constrúe o teu mundo”, un programa dividido en tres bloques: Primeiro tocará a parte “Acompáñote”, que consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria. ”Des-conecta” serán 2 sesións que servirán para dotar ao alumnado de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable. E a terceira parte, o “Ti elixes”, facilita información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os mozos/as poidan tener acceso.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-ies-fin-do-camino-diknon-as-drogas/ https://quepasanacosta.gal/vieiro-bebe-saude-na-semana-mundial-sen-alcohol/ https://quepasanacosta.gal/vieiro-informou-dos-seus-programas-as-orientadoras-dos-ies-de-carballo/

Comentarios