Así será o novo edificio das entidades Sociais de Carballo
Segue avanzando, e a bo ritmo, o edificio das entidades sociais que proxecta Carballo na zona das antigas casas dos mestres. Esta mañá daba conta dao resultado do concurso convocado polo Concello de Carballo en colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) para o deseño do edificio. O xurado, integrado por representantes do Concello, o COAG e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, escolleu a proposta presentada por Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo, do estudo coruñés LCG Arquitectura, por considerar que integra a solución máis “atractiva, sustentable e cunha funcionalidade destacable”.
En concreto, o xurado valorou de xeito especial a proposta para o centro de día, situado en planta baixa e con acceso directo desde a praza, así como a boa relación do edificio co espazo público. Outro aspecto positivo é que o deseño inclúe todos os usos previstos sen esgotar a edificabilidade e facilita, ademais, a execución do proxecto en dúas fases.
O estudo gañador será o adxudicatario do contrato de servizos para a redacción do proxecto e a dirección de obra por un importe de 205.880 euros, dos cales recibirá a conta os 9.680 euros establecidos para o primeiro premio. O segundo premio, cunha contía de 7.260 euros, foi para Tomás Montis Sastre (Palma de Mallorca), e o terceiro e o cuarto, dotados con 4.840 euros, corresponderon aos equipos formados por David Serrano Amatriain, Maier Vélez Olabarría (MID Estudio de Pamplona) e como colaborador o arquitecto coruñés Roi Salgueiro Barrio, e por Manuel Fernández Catalina e Jesús de los Ojos Moral (OA Estudio de Valladolid), respectivamente. En total presentáronse 37 ideas.
Estassson algunas imaxes do proxecto: