Os Bombeiros rescatan unha persoa maior accidentada na súa vivenda

Imaxe do operativo

Este mediodía de xoves, arredor das 14:00h, os Bombeiros de Carballo tiñan que desprazarse á Rúa Reus para atender a chamada dunha persoa maior que quedara atrapada na súa vivenda e estaba pedindo axuda dende o interior. 

Os Bombeiros despregaron o vehículo de altura ata unha fiestra que estaba aberta e así poder entrar na vivenda e facilitar o acceso aos medios sanitarios e ás forzas de seguridade. A persoa atopábase no interior cunha posible fractura nunha perna. Foi atendida no punto e de seguido trasladada a un centro sanitario.