Os Bombeiros sufocan dous incendios en vivendas da Laracha e Carballo

Imaxe dos Bombeiros no incendio da Laracha

Tarde de sábado axitada para os Bombeiros de Carballo, que continúan inmersos, como os do resto de Galicia, no proceso de loita polos seus dereitos.
Eran as 18:00h cando se tiñan que desprazar á Avenida de Fisterra da laracha por mor dun aviso do 112 por un incendio nunha vivenda dun edificio plurifamiliar de 4 alturas. O alertante indica que chegou á vivenda e non puido entrar porque está chea de fume.

Os habitantes do edificio tiveron que saír á rúa, á excepción dos ocupantes dun dos baixo cuberta aos que se lle deu instruccións a través do CIAE 112 para que non saíran xa que o oco das escaleiras estaba cheo de fume. Os bombeiros accederon á vivenda, situada no 2º andar e localizaron o incendio no aparato lavavaixelas, realizando a extinción cun extintor de escuma. Os danos materiais centráronse no propio aparato e na madeira do moble da cociña que estaba máis próxima. O resto da cociña quedou danado por fume, pero non houbo persoas afectadas.

No incendio carballés

Pouco despois, arredor das 20:00h houbo un novo aviso dun veciño que vía saír fume por un incendio nun local dun edificio deshabitado situado na Rúa Muíño de Carballo. Os Bombeiros entraron e viron como estaban ardendo cartóns e plásticos. Empregaron 500 litros de auga en apagar o lume, cuxo orixe se descoñece, pois non había ninguén nos arredores.