Unha cafetera encendida sobre unha vitrocerámica provocou un incendio nun piso de Carballo

Algo tan sinxelo como unha cafeteira enriba dunha vitrocerámica prendida, foi a causa dun incendio nunha vivenda da Rúa Desiderio Varela, de Carballo, nesta mañá de domingo. Eran ás 9:00 cando os Bombeiros recibían a alerta. Os dous habitantes conseguiran abrir as fiestras e saír do edificio, pero o interior do piso afectado estaba ennegrecido polo fume.

Gracias á acción das persoas, o lume non chegou a propagarse ao resto de enseres pero o fume afectou a toda a vivenda, agás ao dormitorio onde estaban as persoas durmindo xa que tiñan a porta pechada. As dúas persoas foron trasladadas ao PAC por un familiar como medida de precaución.

Dende os Bombeiros de Carballo lembran a recomendación de colocar detectores de fume nas vivendas para que en caso de incendo salte a alarma e alerte aos usuarios, sobre todo cando estes están durmindo.