Calvo estrea o ‘Monteraiola’, o novo atuneiro última xeración
28 de abril de 2021 (21:38 h.)
Despois de revolucionar o mundo da conserva co seu envase innovador, a empresa varballesa Calvo volve demostrar o seu músculo a nivel internacional coa estrea do seu novo buque atuneiro.
O Monteraiola é un pesqueiro de última xeración construído no estaleiro vigués Freire, con 77 metros de eslora e unha capacidade de carga de 1.500 metros cúbicos. Será o sétimo atuneiro especializado da empresa costeira na pesca do cerco de atún tropical, e ben Calvo ten uha frota de 12 buques.
A Xunta quixo demostrar o seu apoio á renovación da flota para a competitividade internacional das nosas empresas.
Novas relacionadas
- As Escolas Luís Calvo, 20 anos formando canteira.
- Xaneiro 2021: Calvo revoluciona o envase das conservas.