Cances une o Graveliño ao rock bergantiñán no 20 aniversario do Live in Cances
A Asociacion Cultural San Campio de Cances leva apostando e promocionando os grupos de rock locais e da contorna dende fai xa 20 anos. Sempre formulando a cita como un ensaio pero con publico, permitindo que moitos grupos da comarca debutaran no Live e se deran a coñecer máis adiante. Dende a entidade fan memoria dende aquel 2007, no que armaron ademais o Lembranza Rock, concerto no que se volveron a reunir todos aqueles grupos, cos seus compeñentes orixinais (moitos deles levavan mais de 20 anos sin tocar), que había en Carballo nos anos oitenta. O pub Dublin de
Carballo quedouse pequeño para acoller a todo o publico que acudion a esa festa remember do Rock Carballés.
Con esa mesma emoción e gañas por compartir o rock bergantiñán, chega a 20 edicion do Live in Cances, e chega con cambios. O primeiro, a data, pois sempre se viña facendo na segunda semana de novembro, e este 2026 toca facelo no verán, concretamente este sábado 25 de xullo a partir das 20:00h no recinto das escolas de Cances, coa intención, se o tempo o permite, de facelo no exterior.
Os protagonistas serán as bandas MANGATA (banda de mozos de 16-17 anos de Carballo), PLÁSTICO (veteranos carballeses que fan o seu debut como banda), e MÁXICA (veterana banda de Cerceda).
O Graveliño
Este ano tamen vai a coincidir con unha Social/Gravel, xuntanza de xente aficionada as bicicletas Gravel denominada GRAVELIÑO e organizada por un grupo de xente aficionada a este tipo de quedadas, na que se realizan duas rutas unha mais corta de 45 kms que se desarrolla polo concello de Carballo en concreto Cances e Razo, e outra ruta mais larga de 90 Kms recorrendo varios concellos limítrofes chegando hasta Zas.
A saida de ditas rutas levase a cabo dende o recinto das escolas de Cances con café as 16,00 h e salida as 16,30/17,00h (dependo da ruta) e regreso sobre as 20,00h/ 21,00h (dependendo da ruta) o mismo recinto, onde tras repoñer forzas en un FoodTruck e un bochinche habilitados a tal
efecto, dará comenzó a XX edición do Live in Cances.