A carballesa Verónica Bolón recoñecida polo Ministerio de Ciencia e Innovación
Recibíu esta mañá na Delegación do Goberno na Coruña unha comitiva institucional ás dúas mulleres que foron distinguidas con Premios Nacionais de Investogación Ministerio de Ciencia e Innovación. na categoría de menores de 40 anos. O Delegado do Goberno, Pedro Blanco, e a Subdelegada María Rivas, recibían á Beatriz Pelaz e á carballesa Verónica Bolón. “O futuro da ciencia en Galicia ten rostro feminino”, destacou Blanco, durante a visita.
Bolón, que acudiu á reunión acompañada de Moisés Canle, vicerreitor Titulacións e Internacionalización da Universidade da Coruña (UDC), acadou o premio Nacional de Investigación na modalidade ‘María Andresa Casamayor’, referente ás matemáticas a ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Actualmente, ademais de colaborar co concello carballés en varias iniciativas, é profesora titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC e investigadora no Centro de Investigación TIC (CITIC).
Pola súa banda, Pelaz foi premiada na modalidade ‘Felisa Martín Bravo’, referente ás ciencias físicas, dos materiais e da terra. É investigadora principal do Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela, onde codirixe o grupo BioNanoTools.
Máis novas