Carballo acolle un Clinic de Salvamento e Socorrismo
01 de xullo de 2021 (14:52 h.)
Tralo paso polo Ézaro e por Laxe, o circuito de Salvamento e Socorrismo de Galicia fai parada en Carballo. Esta fin de semana o Grup Virsal e o Concello organizan o I Clinic de Salvamento e Socorrismo Concello de Carballo. O día 3 de xullo comezarán as sesións teóricas no Forum, e o 4 tocará ir a praia de Razo a facer a sesión práctica.