Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dumbría

O Ézaro volveu ser a capital galega do Salvamento

Segunda fin de semana consecutiva con protagonismo deportista das nosas praias. Hai unha semana era a praia de Laxe a que acollía unha proba do circuito da Federación Galega de Socorrismo e Salvamento. Este pasado domingo tocoulle ao Ézaro. A praia dumbriesa acollía Campionato Galego de Augas Abertas de Salvamento Master, cunha participación de 48 socorristas (así é como se denominas aos deportistas que practican este deporte) divididos en dúas categorias Master 30 - 44 anos e Master +45 anos.

Participaron un total de 8 clubs (entre eles 3 costeiros, o Club Salvamento y Socorrismo Carballo - SYSCA, o Club Acuático Laracha – SAL e o Virgentis Salvamento Bergantiños). O SYSCA quedou en 3ª posición e o Virgentis de 5º.

cto_master_ezaron_2

O Ézaro volveu ser a capital galega do Salvamento