Carballo non se inundou este inverno

É ben certo que a pesar da marea de temporais e de chuvia continuada, o río Anllóns non anegou o centro de Carballo. I é que as As obras para reducir o risco de inundacións desenvoltas en Carballo nestes anos pasados supoñen, efectivamente, "un antes e un despois"

“Estas obras tiveron este ano a súa mellor proba de funcionamento xa que que as abundantes choivas destes días non provocaron asolagamentos en Carballo, o que mostra o éxito da actuación”, salientou Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita realizada onte para poñer en valor a efectividade das actuacións levadas a cabo pola Xunta en Carballo para previr asolagamentos.

Durante un percorrido polas obras acometidas por Augas de Galicia nesta localidade coruñesa, a comitiva lembrou o investimento de 6,3 millóns de euros en cinco proxectos de grandes dimensións para mellorar a capacidade de desaugue do río e reducir asolagamentos na zona urbana de Carballo, que está identificada como área de risco potencial significativo de inundación (arpsi).

En concreto, as accións, que se levaron a cabo a través dun convenio de colaboración co Concello, consistiron en:

  • Un bypass na zona de Muíño de Quinto (xa rematada)
  • A remodelación integral do parque de San Martiño, incluíndo a construción de cotas de protección fronte ás avenidas (xa tematada);
  • A demolición de edificación, remodelación de ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol (xa rematada);
  • A demolición da ponte sita na rúa Fomento (executada ao 70%, con previsión de ser rematada en primavera);
  • A mellora hidráulica do río Anllóns polo seu paso polo enlace entre a AG-55 e a AC-552 (adxudicada e pendente de comezar as obras). 

 

Ademais, tamén se levou a cabo a mellora hidráulica do río Anllóns ao seu paso polo enlace entre a AG-55 e a AC-552 na rúa da Cepeira, o que implicou mesmo o corte dun dos accesos á autovía.
Segundo dixo a conselleira, o Goberno galego é consciente de que hai outros sitios de Galicia que necesitan deste tipo de actuacións e, de feito, xa están previstas accións en Sada, Valdecorvos (Pontevedra), Neda, Ponteceso e Viveiro, entre outras.