Comezan a demolición do edificio da Rúa Sol de Carballo no marco das obras para reducir o risco de inundacións

A Xunta comezaba onte os traballos de demolición da edificación da rúa Sol, no concello de Carballo, no marco das obras para reducir o risco de inundación do río Anllóns.
Esta actuación forma parte do proxecto de remodelación da ponte sobre o río Anllóns e de creación dunha canle de augas altas.
O inicio das tarefas de demolición do edificio realízase tras executar a semana pasada os labores previos de disposición dos materias de obra, así como a colocacións da andamiaxe e a retirada de fibrocemento da cuberta, o que fai posible acometer agora as tarefas de derrubamento da edificación.
A intervención forma parte das obras para acadar unha mellor protección fronte ás enchentes no río Anllóns, para o que é preciso a demolición da edificación da contorna, cuxos traballos estás a iniciarse hoxe, ademais da remodelación da ponte e a creación dun canle de augas altas na rúa Sol.
Para reducir o riscos de inundación do río, os traballos que se desenvolverán inclúen o derrubamento de tres treitos de escaleiras, unha obra de fábrica pola marxe dereita do río e a habilitación dunha senda coa extensión de 600 m2 de pavimento.
A intervención comprende, tamén, a demolición e construción dunha nova ponte, que terá un único van para mellorar a circulación da auga en caso de crecida.
As obras completaranse coa instalación dunha pantalla lateral de contención e a habilitación de dúas pasarelas de acceso ao paseo fluvial para dar accesibilidade á senda.
Estes traballos contan cun orzamento de máis de 1,5 M€ e teñen un prazo de execución de 8 meses, no marco dun proxecto total que conta cun investimento de 6,3 millóns de euros.
Historio do Plan contra inundacións
- Outubro 23: Rematadas as obras do "bypass” do Muíño do Quinto, o primeiro proxecto do plan contra as inundacións de Carballo
- Setembro 23: Adxudicadas as obras ponte da rúa Sol no marco do Plan contra as inundacións de Carballo
- >Abril 23: Licitan a obra de remodelación da ponte da rúa Sol no marco do Plan contra as inundacións de Carballo.
- Novembro 22: Adxudicadas as obras do by-pass do Muíño do Quinto no Río Anllóns carballés.
- Maio 22: Licitan a primeira obra do Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo.
- Setembro 2021: Carballo expropia os terreos dun edificio na ponte da Casilla para poder aumentar a canle do Anllóns.
- Maio 21: Licitan a redacción das primeiras acción Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo.
- Xaneiro Como é o Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo?.
- Decembro 2020: Augas e Carballo unen forzas para recudir o risco de inundacións do Anllóns.
- 2017: Licitan un plan contra a inundación do Anllóns en Carballo