Carballo pon a punto as súas praias

Visita municipal a Razo

A piques de chegar á Semana Santa, Carballo está facendo traballos para que as praias estean seguras, cómodas e nun bo estado ambiental.
Nos últimos días, os operarios traballan na revisión e acondicionamento dos espazos públicos, coa limpeza das zonas verdes e o mobiliario urbano, co obxectivo de ofrecer unha experiencia segura, cómoda e de calidade ás persoas usuarias.
Os aseos xa están listos para entrar en funcionamento, o que permitirá dar resposta ao incremento de afluencia previsto durante os días festivos. Do mesmo xeito, revisáronse accesos, pasarelas e elementos de seguridade para garantir un tránsito cómodo e seguro.

Ademais neste momentos, a Demarcación de Costas (ente estatal)está está a executar as obras de protección dos noiros de Razo, cun investimento de máis de un millón de euros. Aínda que o obxectivo final da actuación é frear os derrubamentos, gañar espazo para a praia e mellorar a seguridade, as obras, que se realizan estes días na Cabreira, afectan especialmente a un treito do paseo, que está a ser demolido para afastalo da zona con risco de derrubamentos, polo que non pode utilizarse.

O Concello lembra acualificación de “excelente” nas augas de baño avala o bo estado do litoral e reforza a confianza das persoas usuarias, e apunta que están investindo máis de 100.000 euros na renovación de infraestruturas, como a mellora das pasarelas e a substitución de varandas en zonas sensibles, para reforzar tanto a accesibilidade como a integración co entorno natural.