Carballo púxose a doar sangue

66 persoas, deles 7 que se estreaban, pasaron o pasado venres pola Unidade Móbil de Doazón de Sangue instalada en Carballo. Unha campaña especial nestes complicados meses de verán, que pon en marcha a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS).

Durante os 3 días a Unidade superou as datas do ano pasado, intenando alcanzar a taxa de 40 doazóns por 1.000 habitantes que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS) (Carballo ronda os 30).

 

Nesta campaña especial, como é habitual dende hai anos, tamén colabora o Servizo Municipal de Protección Civil, a través da unidade de salvamento acuático, difundindo a presenza da unidade móbil no noso concello. 

Visita institucional á Unidade Móbil

Onde doar

Ademais de na unidade do CHUAC, poden doar nas seguintes ubicacións: