Carballo, primeiro en aprobar os Orzamentos 2018
Xa é Carballo o primeiro Concello da zona en aprobar os Orzamentos para 2018. Os Orzamentos máis altos da súa historia. A corporación aprobou o documento no pleno do pasado luns cos votos a favor do BNG, a abstención do PSOE e os votos en contra de Terra Galega e o PP. Houbo un intenso debate, coa palabra “estabilidade” nas voces do grupo de goberno, mentres a oposición lamentou a falta de acceso e participación na redacción dos mesmos.
A oposición tamén presentou unha moción sobre o alumeado público. Foi o PP que a presentaba e quen rexeitaba unha enmenda do BNG que pedía un estudo, quedando a moción desbotada.
Tamén saíu aprobado o cadro de persoal, coas abstencións de PP e PSOE, e o coto en contra de TeGa.
O orzamento conta con case 27 millóns de euros, un aumento dun 5% sobre o ano anterior, principalmente debido á regularización catastral impulsada polo Ministerio de Facenda, que sacou á luz numerosas edificacións polas que non se tributaba.
Con poucos cambios nas taxas impositivas, a metade do orzamento (13,6 millóns) van destinados a servizos públicos, sendo máis de 7,6 os dedicados ás áreas de cultura, deporte, servizos sociais, educación e sanidade. Hai máis de 6,2 millóns para investimentos reais (execución de obras) sendo un 63% do orzamento destinado ao medio rural. Entre os investimentos destacados, o destaca o abastecemento ás parroquias de Razo e Oza, con 1,7 millóns.
O pleno completouse co minuto de silencio polo Día Contra a Violencia de Xénero e a despedida á que foi tesoureira municipal, Enriqueta Sánchez Pollán, que asistiu ao último pleno antes da súa xubilación.
Novas relacionadas
- Outubro 17: Carballo terá no 2018 un dos orzamentos máis altos da súa historia: 26.754.882,34 euros.
- Novembro 16: Carballo aproba os orzamentos para o 2017 cun importe de 25,5 millóns de euros.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).