xoves. 15.05.2025
El tiempo

Carballo, primeiro en aprobar os Orzamentos 2018

Carballo, primeiro en aprobar os Orzamentos 2018
Imaxe do pleno dos orzamentos de Carballo Imaxe do pleno dos orzamentos de Carballo

Xa é Carballo o primeiro Concello da zona en aprobar os Orzamentos para 2018. Os Orzamentos máis altos da súa historia. A corporación aprobou o documento no pleno do pasado luns cos votos a favor do BNG, a abstención do PSOE e os votos en contra de Terra Galega e o PP. Houbo un intenso debate, coa palabra “estabilidade” nas voces do grupo de goberno, mentres a oposición lamentou a falta de acceso e participación na redacción dos mesmos.

A oposición tamén presentou unha moción sobre o alumeado público. Foi o PP que a presentaba e quen rexeitaba unha enmenda do BNG que pedía un estudo, quedando a moción desbotada.

Tamén saíu aprobado o cadro de persoal, coas abstencións de PP e PSOE, e o coto en contra de TeGa.

O orzamento conta con case 27 millóns de euros, un aumento dun 5% sobre o ano anterior, principalmente debido á regularización catastral impulsada polo Ministerio de Facenda, que sacou á luz numerosas edificacións polas que non se tributaba.

Con poucos cambios nas taxas impositivas, a metade do orzamento (13,6 millóns) van destinados a servizos públicos, sendo máis de 7,6 os dedicados ás áreas de cultura, deporte, servizos sociais, educación e sanidade. Hai máis de 6,2 millóns para investimentos reais (execución de obras) sendo un 63% do orzamento destinado ao medio rural. Entre os investimentos destacados, o destaca o abastecemento ás parroquias de Razo e Oza, con 1,7 millóns.

O pleno completouse co minuto de silencio polo Día Contra a Violencia de Xénero e a despedida á que foi tesoureira municipal, Enriqueta Sánchez Pollán, que asistiu ao último pleno antes da súa xubilación.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios