Carballo propón unha semana de actividades arredor do 8M para todas idades

Completísmo o programa polo 8M Día da Muller do Concello de Carballo. Ao longo desta semana o Concelo acollerá actividades para a infancia, a mocidade, as familias, as persoas adultas e mesmo para profesionais.

Contacontos para bebés, para crianzas (boten un ollo aos modos de reserva de prazas; contcontos para mozos, xornadas formativas para familiar, ou teatro e masterclass para persoas adultas forman o groso do programa.

Pero hai dúas accións protagonistas do programa. O 9 de marzo, o Forum Carballo acolle ás 19:00h unha mesa redonda onde “As Mulleres teñen a palabra”. Xanel Vecino, Laura Seoane “Seo”, Laura Recarey e Rocío Pérez debullarán as súas profesións.

Ademais, en abril haberá unha xornada para profesionais sobre trata de mulleres, impartida por ACCEM.

Outras novas do 8M