#8M: As profesionais con voz de Carballo

Deu comezo o programa do #8M en Carballo, e o fixo dando a palabra a 4 mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en sectores masculinizados. A xefa do parque de bombeiros de Carballo, Catú Vilariño; a empresaria Mercedes Fraga; a enxeñeira informática Verónica Bolón e a letrada da Xunta de Galicia Patricia Iglesias, falaron da súa carreira, das súas dificultades, nunha conversa realizada no Pazo da Cultura e moderada por outra brava que triunfa nun mundo de homes, como é a regueifeira Lupe Blanco.
Unha interesante mesa redonda con mulleres de Carballo que despuntan en profesións masculinizadas abriu os actos do 8M Ata o 13 de marzo podes ver na Praza do Concello a exposición “Sinaladas”, que pretende contribuír a seguir construíndo referentes 6/3/2023. Non podiamos ter mellor arranque para as actividades do 8M: a mesa redonda As mulleres teñen a palabra resultou un éxito dende todos os puntos de vista. Este domingo tivemos a sorte de poder escoitar a catro carballesas que despuntan en profesións masculinizadas, mulleres preparadas, feministas e referentes para as novas xeracións. A xefa do parque de bombeiros de Carballo, Catú Vilariño; a empresaria Mercedes Fraga; a enxeñeira informática Verónica Bolón e a letrada da Xunta de Galicia Patricia Iglesias, coa colaboración da regueifeira Lupe Blanco, que realizou un extraordinario labor como presentadora e moderadora, déronnos unha lección de vida que ben podería formar parte do currículo escolar. Por iso queremos compartila con todas e todos vós neste vídeo. Con esta interesantísima mesa redonda, que se complementou cunha sesión vermú amenizada polo dúo Black Acoustic e na que intentamos facilitar a conciliación poñendo a disposición das persoas asistentes unha ludoteca na que pasaron unha entretida mañá máis de vinte nenos e nenas, abrimos o programa do Día da Muller, que se prolongará durante as vindeiras semanas con propostas divulgativas e, sobre todo, formativas.Exposición “Sinaladas”

alcalde, Evencio Ferrero, as concelleiras Maica Ures e Milagros Lantes, na inauguración da exposición
Taméntivo lugar a inauguración da exposición Sinaladas, que podes visitar ata o día 13 na Praza do Concello. Unha mostra integrada por 39 paneis a través da que se pretende divulgar a figura de mulleres e movementos co obxectivo de ofrecer unha visión global da memoria das mulleres e seguir construíndo referentes. As revoltas agrarias, a represión do movemento obreiro por parte do franquismo, as mulleres pioneiras na política, a situación educativa da muller durante a II República e o franquismo, a cultura en defensa do país, o borrado de referentes por parte da ditadura, as líderes sociais polos dereitos colectivos… son os temas, erlaborados pola xornalista Monste Fajardo, que aborda a exposición.
Máis actividades
Ademais, este mesmo 8 de marzo, de 18.00 a 19.00 horas, os nenos e as nenas estarán “Xogando sen xénero” na Praza do Concello (no caso de mal tempo, na planta alta do mercado municipal). A actividade consistirá na realización de diversos xogos e dun mural colectivo.
A última proposta, tamén lúdica, é o reparto da baralla Feminismos no tempo, un xogo de 55 cartas para situar feitos relevantes da historia do feminismo.
Formación
O mércores 8 de marzo celebrarase na Casa do Concello un obradoiro básico de formación en perspectiva de xénero destinado a todo o persoal técnico e político, dado que as administracións temos unha responsabilidade na introdución e no desenvolvemento do noso traballo incorporando a perspectiva de xénero. O taller será impartido por Ramón Torrente, pedagogo, psicopedagogo, técnico de igualdade, autor e director teatral en proxectos pedagóxicos de igualdade.
A formación chegará tamén aos institutos de secundaria. O profesorado poderá participar tamén na acción formativa Pingas de igualdade, que neste caso impartirase telematicamente e que constará de seis horas de formación.
E, por último, a programación elaborada dende a área de Igualdade tamén inclúe a actividade Feminismo, traballo e vida. Dereito ao coidado, coidado con dereitos, que vai dirixida a mulleres traballadoras do ámbito dos coidados.
Crónicas do 8M
DO 8M
- Deputación: #8M: "É por ser muller", a campaña da Deputación para denunciar a precarización do ‘traballo reprodutivo’.
- Malpica: #8M: Malpica entrevista ás súas mulleres.
- Zas #8M: Zas concentra o día nas crianzas.
- Camariñas: #8M: Unha andaina e un concerto polo Día da Muller.
- Vimianzo: #8M: Vimianzo presenta unha ruta que homenaxea a muller vimiancesa.
- Ponteceso: #8M: Feminismo en pé convoca a gran mobilización feminista de Bergantiños:
- Corcubión: Un obradoiro para mulleres, dous para nen@s e unha andaina para o 8M de Corcubión.
- Santa Comba: #8M: Unha 8M de documental en Santa Comba.
- Cee: #8M: As mulleres de Cee teñen moito que contar.
- Cee: #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- Coristanco: #8M: Coristanco pon o foco nas pioneiras.
- Laracha: #8M: Os centros de ensino da Laracha recibirán mulleres traballadoras.
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.