Carballo recicla 36 toneladas de textil no primeiro semestre do ano

Un dos 34 puntos de recollida de roupa usada de Humana en Carballo

Durante o primeiro semestre do ano, a veciñanza do noso concello depositou nos colectores da Fundación Humana un total de 36.214 quilos de téxtil usado para darlle unha segunda vida a través da reutilización ou a reciclaxe. Algo menos que o ano pasado, pero serán unhas 163.000 pezas as que teñan unha nova vida,.

Deste xeito, ademais de reducir a xeración de residuos, estamos promovendo a creación de emprego verde, xa que an entidade organizadora da campaña “Humana”, xera un emprego indefinido por cada 30.000 kg de téxtil recollido, e os recursos obtidos destínanse a proxectos sociais: en tres décadas de actividade, tres millóns de persoas víronse involucradas nos programas de desenvolvemento nos países do Sur da man de socios locais: formación de profesorado de primaria, impulso da agricultura sostible ou loita contra o VIH/SIDA, entre outras accións.

Hai moito marxe de mellora a verdade, xa que cada cada galego/a refuga cada ano entre 20 e 30 quilos de téxtil, pero só se recupera o 10%. Sen embargo, a recollida selectiva de roupa ten moito potencial para garantirlle unha segunda vida: o 50% pódese reutilizar e máis do 35%, reciclar. Por iso é importante que se deposite nun contedor de roupa; pero case o 90% do residuo téxtil non acaba no punto de recollida adecuado.