Carballo sitúase tamén como referencia en Videoxogos coa Atlantic Games Conference
- A xornada, que se celebra esta fin de semana, comeza facendo historia colgando o cartel de "sen entradas" para as dúas xornadas
Carballo convértese os días 4 e 5 de abril no escenario idóneo para se achegar ao desenvolvemento profesional de videoxogos e aprender da experiencia de todos estes profesionais.
O Atlantic Games Conference reunirá durante dúas xornadas en Carballo a profesionais e estudantes de desenvolvemento de videoxogos chegados desde toda Galicia e doutras comunidades autónomas. Este primeiro evento profesional de charlas e networking, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, comeza facendo historia, xa que houbo que colgar o cartel de "entradas esgotadas".
A iniciativa comezou xa hoxe xoves, cun taller de Alberto Rico no bar O Bodegón, con entrada libre e de balde.
O venres tamén empezará a funcionar o servizo de autobús gratuíto que enlazará durante estas tres xornadas a capital de Bergantiños coa de Galicia, e que se ofreceu conxuntamente coas entradas.
Ao evento acudirán invitados nacionais e internacionais de primeiro nivel como Jon Ingold (Inkle), Lorenzo Redaelli (Santa Ragione), François Alliot (Nerial), Sara Cubelos (Hexworks) e Alba Calvo (veterana tradutora de videoxogos), entre outros e outras. As persoas participantes poderán probar máis de 15 proxectos.
Ademais, tanto para as persoas inscritas coma para o público en xeral estará aberta durante as dúas xornadas unha zona de exposición cun total de 18 postos, na que poderán coñecer de primeira man a actividade de diferentes asociacións