Carballo sofre o enésimo incendio nun colector de lixo

incendio colector lixo carballo

Esta pasada madrugada, volveuse rexistrar un incendio dun colector de lixo na Rúa Salgueiro esquina Avenida Cristina, en Carballo. Eran as 2:20h cando a Policía Local sufocaba con dous extintores un colchón que prendera xusto a carón duns contedores. O lume chegou a afectar a 3 colectores que había ao carón do colchón. O vehículo que había próximo non resultou afectado.