Carballo sofre o enésimo incendio nun colector de lixo

11:36 09/08/25
Esta pasada madrugada, volveuse rexistrar un incendio dun colector de lixo na Rúa Salgueiro esquina Avenida Cristina, en Carballo. Eran as 2:20h cando a Policía Local sufocaba con dous extintores un colchón que prendera xusto a carón duns contedores. O lume chegou a afectar a 3 colectores que había ao carón do colchón. O vehículo que había próximo non resultou afectado.