Carballo, un “referente” de transformación urbana para cidades intermedias

Ana Montalban da Rede Ciudades que Caminan en Carballo con Milagros Lantes

A asociación internacional sin ánimo de lucro, Rede de Ciudades que caminan estivo esta pasada fin de semana en Carballo. E as conclusións en clave de mobilidade non poden ser mellores. Carballo é “un referente de transformación urbana para as cidades de tamaño medio por todo o traballo que se vén desenvolvendo nos últimos anos”, aseguraba a coordinadora técnica da Rede, Ana Montalbán.

Montalbán non podía deixar de visitar a vila na súa xira por Galicia, despois do premio que recibiu a vila o pasado outubro en Badaxoz, na categoría de cidades intermedias, de 20.000 a 100.000 habitantes.

Destacou accións concretas como “os camiños escolares ou a mellora da accesibilidade urbana”, pero sobre todo “a integración dos equipamentos”, como a zona da Biblioteca Rego da Balsa, que, xunto coa nova skate-praza, “contribúe a dotar de identidade a todo ese ámbito, un pouco máis alonxado do centro. O que máis me gusta é que o que é un eslogan, facer de Carballo un bo lugar para vivir, despois se materialice”, manifestou.

Así está, xa case rematada, a Skate-Praza Rego da Balsa de Carballo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-recibiu-en-badaxoz-o-premio-ciudad-que-camina-2018/ https://quepasanacosta.gal/algunhas-cifras-da-axenda2030-carballesa/