Chega a Carballo a caravana da mocidade de Galiza Nova

Co obxectivo de presentar as principais propostas do BNG de cara ás eleccións do 25 de setembro, mañá sábado estará na rúa Coruña de Carballo a "Caravana da Mocidade" de Galiza Nova. Unha das promesas do Bloque Nacionalista Galego - BNG - é duplicar o investimento en I+D+i e incorporar ao sistema galego de I+D+i á xente nova. Neste sentido, incluiron dentro do programa o Plan Retorna, para favorecer a volta a Galiza da xente nova con talento e tamén da que emigrou por razóns económicas. Un sistema de microcréditos para financiar proxectos de empregoxuvenil, o impulso ao emprendemento mediante empresas de economía social, a mellora das condicións laborais e salariais e un plan de emprego xuvenil son outras das propostas coas que os nacionalistas se presentan ás eleccións do 25 de setembro. Os interesados e interesadas en coñecelas poden achegarse ata a Carvana da Mocidade onde llas detallarán máis polo miúdo.

Máis novas

Máis novas electorais

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • BNG