Venres. 29.03.2024
El tiempo

Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte

Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte
Ikimap dos Resultados das Eleccions Municipais 2015 Costa da Morte
  • Pincha enriba do mapa para ver os resultados concello a concello.

Pois xa temos, quentiños, os resultados destas Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015. Tras unha xornada de normalidade, os colexios electorais dos 18 #ConcellosQPC recibiron a cada veciño para facer a que sempre chamamos “Festa da Democracia”, dunha democracia que se tería que facer cada un dos días de cada lexislatura e non só cada 4 anos. En todo caso, o noso deber deixa estes resultados, que analizamos aquí a nivel comarcal e abaixo, concello a concello.

Normalidade no Colexio Electoral de Cee durante as Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015-Foto-Rafa Quintans

Son moitas as novidades con respecto aos Resultados nas Eleccións do 2011. Temos varias maioría absolutas pero son moitos os concellos que quedarán pendentes de posibles pactos. Tendes abaixo as análises concello a concello, pero imos repasando.

O PP segue a ser a forza máis votada na Costa da Morte, pero cunha baixada de preto de 10.000 votantes, quedando nos 23.000. O Partido Popular mantén a maioría en Concellos como Cabana e Malpica, pero perde en Fisterra un dos seus grandes feudos, onde malia ser a forza máis votada unha coalición entre BNG e PSdG daría a alcaldía a Marcote. Situación semellante dase en Ponteceso, se ben o PP mantén máis vantaxe cos rivais, ao igual que en Coristanco, onde deixa de ter maioría absoluta.
Recupera o PP poderío en Muros, pero cun pleno moi igualado, e máis en Laxe, tamén cun pleno co BNG como chave.

O BNG refréndase como segunda forza na Costa da Morte, con máis de 20.000 votantes, e importantes maiorías absolutas en concellos como Carballo, Carnota, Vimianzo ou Zas. Se cadra, a máis histórica, a do BNG de Mazaricos.

O PSOE queda como 3ª forza mantendo uns datos comarcais semellantes, e mantén varios concellos claves, con grandes maiorías en Camariñas, Dumbría e Muxía, e tamén queda como forza máis votada en Corcubión, pero empatado co BNG e coa chegada de PACOR ao pleno. Celebra o PSdG os resultados en Santa Comba, onde Ucha lle dá a volta ao pleno por diante do PP.

Só temos un concello no que a forza máis votada non sexa un destes tres partidos. E témolo en Cee, onde Ramón Vigo volve ser a forza máis votada e podería, de non ser por posibles pactos, de novo alcalde.

Maiorías absolutas

Temos pois xa varios alcaldes practicamente confirmados polas súas maiorías absolutas:

  • José Muíño (PP) en Cabana.
  • Pichurri (PSdG) en Camariñas.
  • Evencio Ferrero (BNG) en Carballo.
  • Ramón Noceda (BNG) en Carnota.
  • José Manuel Pequeño (PSdG) en Dumbría.
  • Eduardo Parga (PP) en Malpica.
  • Juan José Blanco (BNG) en Mazaricos.
  • Félix Porto (PSdG) en Muxía.
  • Manuel Antelo (BNG) en Vimianzo.
  • Lolo Muíño (BNG) en Zas.

Pendentes quedan os concellos de Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Laxe, Muros, Ponteceso e Santa Comba.

Resultados das Eleccións Municipais #24M Concello a Concello


Todas as Listas #24M Concello a Concello

Novas relacionadas

Fonte

Ikimap dos Resultados das Eleccions Municipais 2015 Costa da Morte

Comentarios