Cine, teatro e a música de Antía Muíño, o menú cultural carballés da semana

Antía Muíño na Mostra do Encaixe

Música, cinema e teatro: a programación de Ondas Culturais continúa esta se-mana con propostas diversas. De entre elas, destaca o concerto dunha das voces emerxentes da nova creación musical galega, pero tamén continúan as sesións de Noites de Cine, ás que se suma unha proposta de teatro amador organizada por Vagalume Animación.

Antía Muíño actúa o venres 31 de xullo, ás 22.30 horas, estreando as actua-cións que terán lugar no palco exterior do Pazo da Cultura. A artista baiesa/compostelá presentará Anfibia por veces, o seu segundo traballo discográfico, unha proposta na que continúa explorando unha sonoridade propia que combina o jazz-pop, a canción de autora e a música tradicional. Muíño consolidouse tras o éxito do seu álbum de debut, Carta Aberta, e chega a Carballo acompañada por Miguel Arribas (ventos), Ton Risco (percusións) e Yudit Almeida (contrabaixo), nun di-recto que alterna a intimidade das súas composicións coa forza do canto galego.

Antes da cita, a programación levará o ciclo Noites de Cine a Cances o mércores 29, coa proxección da comedia ¿Quién es quién?, unha divertida historia familiar na que un intercambio de corpos provoca situacións tan disparatadas como inesperadas. A sesión será ás 22.30 horas no Campo da Capela, coa colaboración da Asociación Cultural San Campio.

O xoves 30, tamén ás 22.30 horas, o ciclo trasladarase ao Local Social de Entrecruces, onde poderá verse Sketch. Cuidado con lo que dibujas, unha comedia de aventuras na que os debuxos dun caderno cobran vida e desencadean unha su-cesión de situacións fantásticas e cheas de humor. A cita conta coa colaboración da Asociación de Veciños San Xes de Entrecruces.

A programación complétase o martes 28 de xullo coa representación de Operación Barranco, de Vagalume Animación, no Centro Social de Bértoa, ás 21.15 ho-ras, con entrada libre. A obra foi distinguida recentemente co Premio do Público no Encontro de Teatro Afeccionado de Vedra.