Antía Muíño leva un dos Premios Martín Códax
09:42 29/05/26
Anda de xira polo Mediterráneo e non puido estar onte na Gala do Pazo da Cultura de Pontevedra. Pero Antía Muíño foi recoñecida co galardón á Mellor Canción de Autora nos XIII Premios Martín Códax da Música.
A baiesa/compostelá segue medrando no mundo da música, rompendo fronteiras e abrindo portas a través da nosa lingua.
Quedaron ás portas de levar premio as bandas costeiras de Alana, Talesien e Unto Vello, que foron finalistas.
Entre os premiados, atopamos bandas como Lamantumba, Galician Army, e mesmo Los Suaves, co mesmo Yosi subindo a recoller o premio Honorífico.



